Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 4/2020).

ETX execución de títulos xudiciais 4/2020

Procedemento orixe: procedemento ordinario 73/2018

Sobre ordinario

Demandante: Tania Vanessa Precedo Sánchez

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Fogasa, Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 4/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania Vanessa Precedo Sánchez contra Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L. sobre ordinario, foron ditados Auto e Decreto do 14 de xaneiro de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Tania Vanessa Precedo Sánchez, contra Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., Papelaría Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 9.253,56 euros en concepto de principal (7.700,75 euros máis 1.552,81 euros en concepto de xuros de demora do artigo 29.3 do ET), máis 925,35 euros en concepto provisorio de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0004 20. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo do concepto deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0004 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento en forma solidaria a Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., pola cantidade de 9.253,56 euros en concepto de principal (7.700,75 euros máis 1.552,81 euros en concepto de xuros de demora do artigo 29.3 do ET), máis 925,35 euros en concepto provisorio de xuros, gastos e custas e, se non pagar no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0004 20, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

Requírase, así mesmo, a parte executante para que achegue o CIF das executadas Sieira & Sieira, S.L. e Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0004 20. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo do concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0004 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L. e Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza