Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2020 Páx. 3999

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO de notificación de sentenza (PO 396/2018).

Eu, Natalia Senín Casas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario seguido por instancia de Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. (UCI) contra María José Martins de Faria Barbosa e Manuel da Cunha Barbosa, foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Caldas de Reis, 29 de novembro de 2019.

Demandante: Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A.

Letrado: José Velasco Menéndez Morán.

Procuradora: Elena Medina Cuadros.

Demandado: Mª José Martins de Faria Barbosa e Manuel da Cunha Barbosa.

Obxecto: reclamación de cantidade. Contrato de préstamo.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 21 de setembro de 2018 Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. presentou demanda de xuízo ordinario contra Mª José Martins de Faria Barbosa e Manuel da Cunha Barbosa en que reclama o aboamento da cantidade de 104.963,58 euros derivada de contrato de préstamo hipotecario do 18 de xullo de 2006.

Segundo. Mª José Martins de Faria Barbosa e Manuel da Cunha Barbosa non presentaron escrito de contestación, polo que foron declarados en rebeldía por dilixencia de ordenación do 11 de xullo de 2019.

Terceiro. Con data do 6 de novembro de 2019 celebrouse o acto da audiencia previa con asistencia da parte demandante. No acto da audiencia previa a parte demandante ratificou o seu escrito de demanda.

Após as alegacións da parte demandante, fixáronse como feitos xurídicos controvertidos os seguintes:

1. Procedencia da resolución contractual.

2. Nulidade da cláusula de xuros moratorios, en especial, procedencia da integración da cláusula aplicando o triplo do xuro legal.

3. Procedencia de aboamento do xuro legal desde a data do vencemento anticipado. Recibido o preito a proba, a parte demandante propuxo exclusivamente a documental.

Cuarto. Após a admisión da proba deuse de novo a palabra á parte demandante para conclusións.

Após as conclusións da demandante, o asunto declarouse visto para sentenza.

– Seguen fundamentos de dereito.

Parte dispositiva.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. contra Mª José Martins de Faria Barbosa e Manuel da Cunha Barbosa e, en consecuencia:

a) Declárase resolto o contrato de préstamo hipotecario que une as partes, subscrito o 18 de xullo de 2006.

b) Condénanse os demandados ao pagamento á demandante da suma de 35.811 euros de capital vencido e xuros remuneratorios producidos na data do 5 de abril de 2018, máis as cotas que se produciron desde o 5 de abril de 2018 ata a data desta sentenza, máis o capital pendente de amortización na data de resolución.

c) Condénanse os demandados a aboaren os xuros remuneratorios producidos polo principal desde a data desta sentenza até a devolución íntegra do préstamo.

d) As ditas cantidades poderanse realizar en execución de sentenza con cargo á garantía hipotecaria outorgada a favor da parte demandante sobre o predio rexistral número 16.873, rexistrada no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, tomo 734, libro 148, folio 193, a que se refire a escritura de préstamo hipotecario; e isto sen prexuízo doutras posibles medidas executivas que se poidan solicitar en execución de sentenza.

Non procede imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se poderá interpor ante este xulgado no termo de vinte días desde a notificación, logo de constitución do depósito de 50 euros na conta deste xulgado.

Así o acorda Cristina Sánchez Neira, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis».

E atopándose os devanditos demandados, María José Martins de Faria Barbosa e Manuel da Cunha Barbosa, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Caldas de Reis, 2 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza