Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2020 Páx. 4002

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 591/2019).

PO. Procedemento ordinario 591/2019

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: María del Mar Teixeira González

Avogada: Diana Couselo Rial

Demandados: Fogasa, Abarrotes Gourmet, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Belén Pereira Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María del Mar Teixeira González contra Fogasa e Abarrotes Gourmet, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 591/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Abarrotes Gourmet, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 9 de xullo de 2020, ás 11.15 horas, na rúa Hortas, s/n, no edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Abarrotes Gourmet, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza