Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2347

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (330/2018).

Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, dou fe e certifico:

No procedemento de xuízo verbal número 330/2018 ditouse sentenza do teor literal seguinte:

«Sentenza 102/2019

Vigo, doce de xuño de dous mil dezanove.

Vistos por min, Flora Lomo del Olmo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal seguidos por instancia de Comunidade de Propietarios Avenida Florida, 127, portais A-B, de Vigo, representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez, coa asistencia do letrado José Manuel Cid Cid, contra herdanza xacente de José Alonso González e Teresa González Rial, Carlos Alberto Alonso González, José Alonso González, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador José Vicente Gil Tránchez, en nome e representación de Comunidade de Propietarios Avenida Florida, 127, portais A-B, de Vigo, fronte á Herdanza xacente de José Alonso González e Teresa González Rial, Carlos Alberto Alonso González e José Alonso González, debo condenar e condeno estes a aboarlle a cantidade de 5.184,24 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, Banco Santander, na conta deste expediente ES5500493569920005001274 (concepto 3640 0000 13 0330 18) un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo. Maxistrada xuíza. Asinado Flora Lomo del Olmo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada herdanza xacente de José Alonso González e Teresa González Rial, Carlos Alberto Alonso González e José Alonso González, expídese este edicto para que sirva de notificación.

Vigo, 31 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza