Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2349

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (802/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 802/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de William Encarnación Dotel contra Manuel Alfonso Martínez Vázquez e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución o 2.12.2019 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Alfonso Martínez Vázquez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza