Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 147/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 147/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hind Jaouad contra Ivanilde Pereira Dasilva, sobre despedimento, se ditaron, con data do 19 de decembro de 2019, as seguintes resolucións, que están á súa disposición na sede do xulgado:

– Auto en que se despacha execución, impugnable en reposición no prazo de tres días seguintes ao da súa notificación.

– Dilixencia de ordenación en que se sinala incidente de non readmisión para o vindeiro día 11 de febreiro de 2020, ás 9.50 horas, impugnable en revisión no prazo de tres días seguintes ao da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ivanilde Pereira Dasilva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza