Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2345

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4806/2019-CRS).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4806/2019-CRS

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 183/2017. Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Mi Frutería, S.L.U.

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Recorridos: Fogasa, María Flora Gómez Outeiral, Tómate Más Fruta, S.L.

Avogados: letrado/a de Fogasa, Manuel López Núñez

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4806/2019 desta sección, seguido por instancia de Mi Frutería, S.L.U., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Mi Frutería, S.L.U. contra o Auto do 25 de marzo de 2019, debemos confirmar e confirmamos o auto impugnado ditado polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en procedemento de execución.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Tómate Más Fruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza