Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1835

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 12 de decembro de 2019, pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro autorizado de ensinanzas deportivas Cented, do Pereiro de Aguiar (Ourense).

O representante da titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD) Cented solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Un, nº 9, Urbanización Monterrei, do Pereiro de Aguiar, á Estrada do Seminario, nº 18, de Ourense.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, en que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de domicilio por traslado de instalacións

Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro docente cuxa configuración será a que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).

Denominación específica: Cented.

Código do centro: 32020896.

Titular: 2005 Tecniproneo, S.L.

Enderezo: Estrada do Seminario, nº 18.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Código postal: 32002.

Provincia: Ourense.

Ensinanzas autorizadas:

Grao medio:

• As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol Sala (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Grao superior:

• As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Fútbol (1 unidade para 30 alumnos/as).

• As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Fútbol Sala (1 unidade para 30 alumnos/as).

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional