Mediante a Orde do 17 de xullo de 2001 (DOG do 28 de agosto) autorízase a apertura e funcionamento do centro privado Venus Salón, de Lugo, para impartir as ensinanzas de formación profesional dos ciclos formativos de grao medio (CM) Estética Persoal Decorativa e de Perrucaría, e por Orde do 24 de setembro de 2002 (DOG do 10 de outubro) autorízase para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Estética (LOXSE). Estes ciclos formativos transfórmanse nos actuais (LOE) CM Estética e Beleza, CM Peiteado e Cosmética Capilar e CS Estética Integral e Benestar, respectivamente.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incoa o expediente de extinción da autorización do centro docente, de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.
Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Extinción da autorización
Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado Venus Salón, de Lugo, código 27020653, con efectos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros
A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional