Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 30 de decembro de 2019 Páx. 56018

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (503/2018).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento ordinario 503/2018, seguido por instancia de Nuevo Microbank, S.A.U. fronte a María Iara Souto Tobío, Adelia Braga Pinto e Adriano Braga Pinto, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Portela Leirós, en nome e representación de Nuevo Micro Bank, S.A.U., contra Adelia Braga Pinto, Adriano Braga Pinto e María Iara Souto Tobío, e acordo:

1. Resolver o contrato de préstamo concertado por Nuevo Micro Bank, S.A.U., por unha parte, e Adelia Braga Pinto, Adriano Braga Pinto e María Iara Souto Tobío, por outra, o 25 de maio de 2017.

2. Condenar a Adelia Braga Pinto, Adriano Braga Pinto e María Iara Souto Tobío a pagar solidariamente a Nuevo Micro Bank, S.A.U. a suma de 7.289,15 euros, así como os xuros moratorios pactados desde o 10 de maio de 2018 ata o seu completo pagamento.

3. As custas procesuais impóñense a Adelia Braga Pinto, Adriano Braga Pinto e María Iara Souto Tobío.

Notifíquese a presente resolución ás partes, coa prevención de que contra ela se poderá interpor recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días».

E ao estar a demandada, María Iara Souto Tobío, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 4 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza