Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 30 de decembro de 2019 Páx. 56019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 201/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 201/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ares González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019.

Parte dispositiva

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Ana María Ares González con Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., e condeno a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L. a lle aboar a Ana María Ares González a suma de 29.270,08 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución e a suma de 27.430,48 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente se cumpre o ordenado. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza