Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 30 de decembro de 2019 Páx. 56016

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2489/2019).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2489/2019 desta sección, seguido por instancia de Juan José Pita Barro fronte a Protección de Patrimonios, S.A., Alcor Seguridad, S.L., Segur Euskal Security, S.L., Trisquel Protección y Vigilancia, S.A., Ilunión Seguridad, S.A.U., e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre outros dereitos laborais, se ditou sentenza, con data do 5 de decembro de 2019, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Desestimamos os recursos de suplicación formulados polas entidades Triskel Vigilancia, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A., contra a sentenza do 2 de novembro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, no procedemento 423/2014, seguido por instancia de Juan José Pita Barro, e confirmamos a expresada resolución.

Condénanse as recorrentes a aboar 601 euros, cada unha, en concepto de honorarios do letrado impugnante dos recursos.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza