Convocada por Resolución do 20 de setembro de 2018 (DOG núm. 191, do 5 de outubro) a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
RESOLVE:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada por Resolución do 20 de setembro de 2018 (DOG núm. 191, do 5 de outubro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, á persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área sanitaria, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área sanitaria. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019
Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
ANEXO
Posto: xefe/a do Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular.
Nome e apelidos: Nilo Javier Mosquera Arochena.
DNI (*): ***0615**.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.