Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 30 de decembro de 2019 Páx. 56009

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se conceden as axudas da segunda edición do programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0, captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A Resolución do 28 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Innovación, estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria) orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeu á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN854A) (Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 8 de febreiro).

Esta convocatoria prevé no seu artigo 7 dous períodos de presentación de solicitudes. A segunda edición é para as solicitudes presentadas desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da primeira edición no Diario Oficial de Galicia (Resolución do 17 de xuño de 2019, DOG núm. 122, do 28 de xuño) ata o 31 de xullo de 2019.

O artigo 4 desta resolución de convocatoria establece os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias para poder optar ás axudas.

Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes, xunto coa documentación achegada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución de inadmisión dunha solicitude que non cumpría coas exixencias contidas na convocatoria, nas bases reguladoras ou na normativa de subvencións, conforme o establecido no artigo 32.5 das bases reguladoras.

As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto do proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 34 das bases reguladoras.

A Comisión de Selección prevista no artigo 33 das bases reguladoras reuniuse o día 9 de decembro de 2019 e elaborou unha relación por orde decrecente de puntuación das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiarias, así como dos seus custos subvencionables.

O crédito dispoñible para esta edición é o 50 % do orzamento da convocatoria, segundo o establecido no artigo 8.2 desta, e non resulta suficiente para financiar os proxectos seleccionados que superan a puntuación mínima de 60 puntos.

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista do informe emitido pola Comisión de Selección e a proposta do órgano instrutor para a segunda edición, de acordo co disposto nos artigos 32 e 37 das bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas, respectando a intensidade máxima prevista no artigo 9 das bases reguladoras, ás entidades seleccionadas que figuran no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación.

2. Denegar as solicitudes que acadaron unha valoración inferior a 74,50 puntos, por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II.

3. Desestimar as solicitudes que, unha vez avaliadas, non acadaron os 60 puntos de valoración, que exixe o artigo 35.2 da convocatoria. Estas solicitudes recóllense no anexo III.

4. Publicar como anexo IV a relación de solicitudes que foron inadmitidas por non cumprir os requisitos da convocatoria.

As axudas propostas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.A3.561A.770.00 e 09.A3.561A.781.0, segundo a natureza da entidade beneficiaria, en que existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico: 1.2.1. «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora» e actuación CPSO 1.2.1.6. «Proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras no marco da atracción do investimento privado para a posta en valor da I+D+i en Galicia».

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer un recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

Nota

NIF

Empresa solicitante

Líder

Orzamento subvencionable

%

Subvención

2019

2020

2021

2022

IN854A 2019/15

Deseño e desenvolvemento dun modelo industrial 4.0 no sector de alimentación galego

CONGALS 4.O

82

4.895.958,16

2.259.483,01

266.746,59

867.591,92

759.811,67

408.347,08

Participantes

B15269392

Congalsa, S.L.

S

4.035.673,16

40 %

1.614.269,26

220.280,40

651.735,38

492.843,82

249.409,66

G36997229

Centro Tecnolóxico Telecomunicacións Galicia

N

860.285,00

75 %

645.213,75

43.562,05

202.365,51

250.282,36

149.003,83

IN854A 2019/16

Laboratorio Dixital do Futuro

FutureLab

79,50

B15964521

Mestrelab Research

S

2.048.167,10

25 %

512.041,78

72.601,26

162.013,47

159.291,06

118.135,99

IN854A 2019/13

Hibridación de biotecnoloxía e ferramentas 4.0 na industria agroalimentaria para o desenvolvemento acelerado de novas formulacións

Hi-Bio 4.0

79,00

2.123.782,87

1.452.425,02

143.751,52

457.817,06

482.074,25

368.782,19

Participantes

A15002637

Hijos de Rivera, S.A.U.

S

1.404.121,35

65 %

912.678,88

113.423,40

296.186,85

290.616,70

212.451,93

G36625309

Anfaco-Cecopesca

N

719.661,52

75 %

539.746,14

30.328,12

161.630,21

191.457,55

156.330,26

IN854A 2019/9

Procesos avanzados 4.0 para a fabricación de sistemas rupturistas de automoción

next_step

76

B36849768

Akwel Vigo Spain, S.L.U.

S

2.720.987,67

25 %

680.246,92

86.847,45

243.922,67

223.185,80

126.291,00

IN854A 2019/12

Xeración e aplicación de tecnoloxías 4.0 para a fabricación intelixente de compoñentes de transmisión

4.0driveline

74,50

2.703.513,62

1.279.502,19

112.053,18

403.654,88

510.637,22

253.156,91

Participantes

A36608982

GKN Driveline Vigo, S.A.

S

1.713.029,86

40 %

685.211,94

64.897,30

196.505,40

263.936,45

159.872,79

G36606291

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Aimen

N

990.483,76

60 %

594.290,25

47.155,88

207.149,48

246.700,77

93.284,12

ANEXO II

Solicitudes denegadas

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

NIF

Empresa solicitante

Líder

Nota

Causa de denegación

IN854A 2019/10

Innovación de procesos intelixentes para a industria do futuro

AS4.0

72,5

Non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento

Participantes

A36046019

Arnoia Distribución de

Libros, S.A.

S

B36610525

Selmark, S.L.U.

N

ANEXO III

Solicitudes desestimadas

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

NIF

Empresa solicitante

Líder

Nota

Causa de desestimación

IN854A 2019/14

Future Lignum 4.0

FL4.0

52,70

Acadar unha puntuación inferior a 60 puntos, de conformidade co disposto no artigo 35.2 das bases reguladoras

Participantes

A15104110

Intasa, Industrias del Tablero, S.A.

S

A15018211

Unión de Empresas Madereras, S.A.U.

N

Q6550005J

Universidade da Coruña

N

ANEXO IV

Solicitudes inadmitidas

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

NIF

Empresa solicitante

Líder

Causa de inadmisión

IN854A 2019/11

Investigación industrial produción 4.0 de imaxes dixitais para papel decorativo

CMYK

Incumpre o disposto no artigo 32.2 das bases reguladoras

Participantes

A15038474

Industrias Losán, S.A.

S

A15166630

Aserpal, S.A.

N