Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 39/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 39/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Pardavila Vázquez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando a demanda interposta por Silvia Pardavila Vázquez contra a empresa Asador Vaca Vella, S.L., declárase improcedente o despedimento de que foi obxecto o 24.11.2018 e condénase a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade -s. e. ou. o. - de mil catrocentos cincuenta e cinco euros e vinte e dous céntimos (1.455,22 €); e con aboamento, só en caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e catro euros e dez céntimos (44,10 €) diarios; advírtese que a devandita opción deberá efectuarse no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución.

Así mesmo, débese absolver o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Asador Vaca Vella, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza