Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54497

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (38/2018).

Nos autos de xuízo verbal número 38/2018, seguidos por instancia da procuradora Sonia María Rodríguez Arroyo, en nome e representación de José Manuel Vidal Picado, contra a entidade JPS Action, S.R.L., ditouse con data do 13.6.2019 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza 70/2019.

Xuízo verbal 38/2018.

Betanzos, 13 de xuño de 2019.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os autos do xuízo verbal nº 38/2018, en que foron parte demandante José Manuel Vidal Picado, representado pola procuradora Sonia Mª Rodríguez e asistido polo letrado Darío Trillo, e parte demandada JPS Action, S.R.L.

Resolución:

Que estimando a pretensión do demandante José Manuel Vidal Picado, representado pola procuradora Sonia Mª Rodríguez, fronte á parte demandada JPS Action, S.R.L., debo condenar e condeno a JPS Action, S.R.L. ao pagamento da suma de 1.990,09 €, cantidade que devindicará os xuros moratorios do artigo 1.108 do C.C desde a presentación da demanda e os procesuais desde a data da sentenza. A parte demandada debe ser condenada ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Leu e publicou a anterior sentenza a maxistrada xuíza que a ditou, no día da súa data en audiencia pública. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma á demandada JPS Action, S.R.L., expídese este edicto.

Betanzos, 30 de xullo de 2019

Eva Ortiz Suárez
Letrada da Administración de xustiza