Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 115/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 115/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Fontecha Álvaro contra Gestión Espacios Deportivos, S.L., José Manuel San José Donaire e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza do 28.11.2019, cuxa resolución é a seguinte:

Resolución:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Miguel Fontecha Álvaro contra a entidade Gestión de Espacios Deportivos, S.L. e José Manuel San José Donaire e, en consecuencia, debo absolvelos das pretensións formuladas na súa contra ao concorrer a súa prescrición.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Espacios Deportivos, S.L. e a José Manuel San José Donaire, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza