Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53781

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 41.2 da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN854A).

O 8 de febreiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN854A).

A dita resolución no artigo 41.2 establecía os seguintes prazos de xustificación para as axudas concedidas na 2ª edición:

Períodos de emisión de facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade:

– Axudas concedidas na resolución da segunda edición: desde a data de presentación da solicitude ata o 20 de decembro de 2019. No caso de solicitudes denegadas na primeira edición que fosen presentadas tamén á segunda sen modificación ningunha, o período de emisión de facturas poderá remontarse a data de solicitude presentada á primeira edición.

Prazos de presentación de documentación:

Primeira anualidade:

– Axudas concedidas na resolución da segunda edición: ata o 27 de decembro de 2019.

Tendo en conta a demora na resolución da segunda edición das devanditas axudas, motivado pola complexidade das solicitudes presentadas e polo seu proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas na segunda edición por parte dos beneficiarios resultantes, e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2019, establecido no artigo 41.2 da convocatoria. Asimesmo, a xustificación da axuda debe realizarse a través de informe de auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, conforme o indicado no artigo 20. O contido deste informe ten que responder á revisión pormenorizada dos aspectos recollidos no anexo XIII da convocatoria. A complexidade da elaboración deste informe, unido á demora na resolución de concesión, fan necesaria esa ampliación de prazos para a primeira anualidade (2019), segunda edición.

En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 41.2 da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN854A)

O artigo 41.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade:

– Axudas concedidas na resolución da primeira edición: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de outubro de 2019.

– Axudas concedidas na resolución da segunda edición: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de decembro de 2019. No caso de solicitudes denegadas na primeira edición que fosen presentadas tamén á segunda sen modificación ningunha, o período de emisión de facturas poderá remontarse a data da solicitude presentada á primeira edición.

Segunda anualidade:

– Axudas concedidas na resolución da primeira edición: desde o 1 de novembro de 2019 ata o 31 de outubro de 2020.

– Axudas concedidas na resolución da segunda edición: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de outubro de 2020.

Terceira anualidade: para as dúas edicións, desde o 1 de novembro de 2020 ata o 31 de outubro de 2021.

Cuarta anualidade: para as dúas edicións, desde o 1 de novembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade:

– Axudas concedidas na resolución da primeira edición: ata o 15 de novembro de 2019.

– Axudas concedidas na resolución da segunda edición: ata o 24 de xaneiro de 2020.

Segunda anualidade: para as dúas edicións, ata o 15 de novembro de 2020.

Terceira anualidade: para as dúas edicións, ata o 15 de novembro de 2021.

Cuarta anualidade: para as dúas edicións, ata o 15 de xullo de 2022.

Estes prazos poderán axustarse en función da data en que se resolva a convocatoria, tras a tramitación do procedemento correspondente e cos informes preceptivos.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación