Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53779

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2019.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 233, do luns 9 de decembro de 2019, é preciso efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 52142, suprimir a primeira fila da táboa correspondente ao NIF B15108822, por duplicidade, e modificar a segunda fila correspondente ao NIF B27267418, que queda como segue:

DNI/NIF

Persoa ou entidade beneficiaria

Obxecto da axuda

Axuda total

B27267418

Pesqueras Canoura, S.L.

Subministración e instalación de terminal de satélite para comunicación

12.000,00

Na páxina 52157, engadir o seguinte punto:

8. Axudas destinadas a establecementos de acuicultura.

a) Norma reguladora: Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o fomento do desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

b) Convocatoria: exercicio 2019.

c) Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.0.

d) Finalidade da axuda: fomentar o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura a través da I+D+i, impulsando as relacións entre a comunidade científica e o sector produtor.

e) Persoas ou entidades beneficiarias e importe da axuda concedida a cada unha delas, en euros:

DNI/NIF

Persoa ou entidade beneficiaria

Obxecto da axuda

Axuda total

G36625309

Anfaco-Cecopesca

Novas estratexias para mellorar a viabilidade da produción de semente de mexillón (Musselect)

144.230,01

G36884260

Clúster da Acuicultura

Estudo dun novo método de atordamento con auga xeada de elevada forza iónica (Aquafreeze)

131.522,45

G36884260

Clúster da Acuicultura

Uso de nanotecnoloxía no deseño de novas vacinas orais en acuicultura (Nanorvac)

124.863,76