Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52015

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Xinzo de Limia

EDICTO (247/2018).

Eu, Elsa Ansia Enríquez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Xinzo de Limia, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 24/2018 seguido por instancia de Luis Ferrón Sotelo fronte a Paula Gómez Vila ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Xinzo de Limia, 6 de marzo de 2019.

«Vistos por Mónica Fernández Salgado, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Xinzo de Limia e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso seguido co número 336/16 por instancia de Luis Ferrón Sotelo, representado pola procuradora María Teresa Rodríguez Camiña e defendido pola letrada Sonia Duarte Lorenzo, contra Paula Gómez Vila, en situación procesual de rebeldía, e con intervención do Ministerio Fiscal, resolvo sobre a base dos seguintes»

«Resolución:

Estímase a demanda interposta pola procuradora María Teresa Rodríguez Camiña, en nome e representación de Luis Ferrón Sotelo e, en consecuencia, decrétase a disolución por causa de divorcio do matrimonio entre Luis Ferrón Sotelo e Paula Gómez Vila con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Acórdase:

• A revogación de todos os poderes e consentimentos outorgados mutuamente entre os cónxuxes.

• Procede declarar a disolución da sociedade legal de gananciais.

• Atribuirase a garda e custodia dos fillos menores, Noa e Eloi Ferrón Gómez, ao pai, Luis Ferrón Sotelo, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

• A nai, Paula Gómez Vila, deberá aboar aos seus fillos, en concepto de pensión de alimentos, a cantidade de 300 euros mensuais, 150 euros por cada un deles, que deberán ser ingresados os cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe o pai. Esta cantidade será actualizada anualmente cada mes de xaneiro de acordo co incremento que experimente o IPC fixado polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

• Os gastos extraordinarios dos menores, tales como os médicos non cubertos pola Seguridade Social, libros e material escolar, actividades extraescolares, clases de apoio e demais análogos aos enumerados serán sufragados ao 50 % por ambos os proxenitores.

Unha vez firme a sentenza remitirase testemuño desta ao Rexistro Civil de Xinzo de Limia, para que faga a anotación marxinal na acta de matrimonio dos litigantes.

Non se fai imposición de custas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos principais, deixando o orixinal no libro correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer, no prazo de 20 días dende a notificación da sentenza, recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Ourense».

E encontrándose a devandita demandada, Paula Gómez Vila, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Xinzo de Limia, 25 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza