Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52014

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada

EDICTO (132/2017).

María del Carmen Álvarez Iglesias, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Daniel Vázquez Rodríguez fronte a José Vázquez Rodríguez, María Antonia Rojo Ares, Marisa Vázquez Rojo, José Carlos Vázquez Rojo, se ditou decreto, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo:

1. Aprobar as operacións divisorias da herdanza dos finados José Vázquez Fernández e Josefa Rodríguez Besteiro, presentadas polo contador José Antonio Carnero Blanco, as cales se protocolizarán na notaría que por quenda corresponda.

2. Facer entrega de testemuño do caderno particional, así como da presente resolución, á representación da parte demandante, co fin de que se encargue da súa protocolización.

3. Deixar certificación da presente resolución nos autos e levar o orixinal ao cartapacio correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que se deberá citar a infracción en que a resolución incorrese».

E ao estar o dito demandado, José Vázquez Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 10 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza