Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52013

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2803/2019).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2803/2019, seguido por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal contra Agencia Efe, S.A., Mateo Sancho Gardiel, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 14 de novembro de 2019.

O anterior escrito presentado polo procurador Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Francesc Xavier Barros Canabal, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte impugnada poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

E para que sirva de notificación a Mateo Sancho Cardiel, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza