Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52012

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio da interposición de recurso contencioso-administrativo PO 4204/2019.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario nº 4204/2019, por instancia do procurador Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Juan Francisco Martínez Canosa, fronte á Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Xunta de Galicia), do 5 de agosto de 2019, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Fisterra (A Coruña).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 15.10.2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 15 de novembro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza