Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 874/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 874/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Torres Varela, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa resolución é a seguinte:

Decido que, estimando en parte a demanda interposta por Daniel Torres Varela contra as empresas Pinegal Ecoforest, S.L. e Invernos Galicia, S.L., declárase improcedente o despedimento de que foi obxecto por parte de Pinegal Ecoforest, S.L. o 9.10.2018, e declárase tamén extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade -s.e. ou o.- de catro mil seiscentos cincuenta e nove euros e cinco céntimos (4.659,05 €).

Así mesmo, absólvese a empresa Invernos Galicia, S.L., de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Absólvese tamén o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase, igualmente, ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santader a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Invernos Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza