Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (822/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 822/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Néstor Heber Brocco Arezo contra a empresa Reformas Vicepedra, S.L., sobre ordinario, se ditou o seguinte auto, cuxa parte dispositiva se achega:

Dispoño:

Completar na sentenza ditada nos presentes autos do 23 de setembro de 2019, na súa resolución, que quedará redactada no modo e forma que a seguir se explicitará, manténdose no restante a resolución:

«...Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de dereito e cantidade que foi interposta por Néstor Heber Brocco Arezo, contra a entidade Reformas Vicepedra, S.L., polo que debo declarar e declaro que Néstor Heber Brocco Arezo mantivo relación laboral coa entidade Vicepedra, S.L., nos termos fixados na presente resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Reformas Vicepedra, S.L., que aboe ao demandante a cantidade de 2.537,96 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas ambas as dúas cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariales....».

Notifíquese esta resolución ás partes advertíndolles que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por este auto, mándoo e asínoo a maxistrada xuíza, Pilar Carreira Vidal, do Xulgado do Social número 5 e o seu partido. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Reformas Vicepedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza