Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51464

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (228/2018).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Viajes Fisterra, S.L.U. fronte a Turísticas Muñoz Pérez, S.L., Tomás Muñoz Cabaluig ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Tomás Abal, en nome e representación de Viajes Fisterra, S.L.U., contra Tomás Muñoz Calabuig e Turísticas Muñoz Pérez, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a resolución do contrato de reserva de cuartos de hotel para grupos, do 7 de setembro de 2016.

2. Condeno a Tomás Muñoz Calabuig e Turísticas Muñoz Pérez, S.L. a aboar solidariamente Viajes Fisterra, S.L.U. a cantidade de 12.000 euros en concepto de restitución de prestacións, máis os xuros legais desa cantidade desde o 21 de marzo de 2018 ata a data desta resolución, e desde esta os xuros da demora procesual do artigo 576 da LAC.

3. Impóñense as custas procesuais a Tomás Muñoz Calabuig e Turísticas Muñoz Pérez, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución cabe recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días».

E encontrándose o devandito demandado, Turísticas Muñoz Pérez, S.L., Tomás Muñoz Cabaluig, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza