Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51463

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (426/2019).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este edicto notifícase a Ibrahima Diallo co fin de notificarlle ao demandado a Sentenza do 6 de novembro de 2019, con encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 1213/2019.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 6 de novembro de 2019.

Vistos os presentes autos número 426/2019 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Feijoo, en nome e representación de Concepción Rodríguez Novoa, e como demandante, asistido pola letrada Sra. López, Ibrahima Diallo, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Concepción Rodríguez Novoa e Ibrahima Diallo, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Atribúese o uso e desfrute do domicilio familiar, sito na rúa Río Sil, nº 6-1º, Ourense, así como do enxoval doméstico, á demandante, Concepción Rodríguez Novoa.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, e débese constituír o depósito legalmente establecido.

E, unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

Ourense, 6 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza