Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51461

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO de recurso de apelación civil (325/2018).

Eu, María Cristina Montero Carre, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou Sentenza do 28 de maio de 2019, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza número 201/2019.

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo, Carlos Fuentes Candelas.

A Coruña, 28 de maio de 2019.

No recurso de apelación civil número 325/2018, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, en xuízo ordinario número 951/2017, seguido entre partes, como apelante Caixabank, S.A., representada polo procurador Sr. Pardo de Vera Moreno, e como apelado José Luis Sande López (rebelde). É relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Resolución.

Estimando o recurso de apelación interposto por Caixabank, S.A., contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, no procedemento ordinario número 951/2017, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da sentenza apelada, e devolvemos os autos ao xulgado co fin de que dite nova sentenza debidamente motivada, sen facer especial imposición das custas desta alzada.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar á parte declarada en rebeldía, José Luis Sande López, expido e asino o presente edicto. Dou fe.

A Coruña, 30 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza