Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 822/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 822/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Néstor Heber Brocco Arezo contra a empresa Reformas Vicepedra, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Néstor Heber Brocco Arezo contra a entidade Reformas Vicepedra, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Reformas Vicepedra, S.L. a que lle aboe ao demandante á cantidade de 2.537,96 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Reformas Vicepedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza