Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 26/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 26/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Fernández Casal contra o Fondo de Garantía Salarial e Francisco Prieto García, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Yolanda Fernández Casal contra o empresario individual Francisco Prieto García e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Francisco Prieto García, que aboe ao demandante a cantidade de 456,56 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en setembro de 2018 e a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 182,31 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Prieto García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza