Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48938

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (499/2018).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de procedemento ordinario 499/2018, seguidos por instancia de Manuel Otero Martínez, representado pola procuradora Sra. Taboada Rouco, baixo a asistencia letrada do Sr. Fernández López, contra Óscar Otero López, en situación de rebeldía procesual.

Resolución

Estimase integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Taboada Rouco, no nome e representación invocados e, en consecuencia, declárase a resolución do contrato de arrendamento de industria subscrito entre as partes con data do 1 de xullo de 2018 por falta de pagamento no prezo convido. Condénase o demandado á inmediata restitución do local obxecto do arrendamento e das prazas de garaxe mencionadas no contrato, con devolución de todos os elementos que integran a industria e que aparecen reflectidos no contrato, e condénase o demandado a aboar as rendas debidas e os consumos xerados por climatización, na cantidade de mil setecentos corenta e dous euros e trinta e nove céntimos (1.742,39 €) e as que se vaian xerando ata que se verifique o desaloxo (con reserva ao demandante da reclamación respecto dos danos e perdas que se poidan ocasionar), así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso cómpre constituír un depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado coa presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

Auto

Maxistrada xuíza María de Luna Taboada Martínez.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019.

Antecedentes de feito

Primeiro. No presente procedemento ditouse sentenza, que foi notificada ás partes litigantes.

Segundo. Na referida resolución figura o seguinte parágrafo:

«… contra Óscar Otero López, en situación de rebeldía procesual…»

Terceiro. A parte demandante, mediante escrito do 7 de xuño de 2019, solicitou a emenda da sentenza por erro material, pois o demandado é Óscar Pérez López.

Parte dispositiva

Acordo:

Estimar a petición formulada pola parte demandante de aclarar a Sentenza do 20 de maio de 2019, ditada no presente procedemento, no sentido de que onde di: «…contra Óscar Otero López, en situación de rebeldía procesual», debe dicir: «…contra Óscar Pérez López, en situación de rebeldía procesual».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Óscar Pérez López, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza