Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48936

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (189/2018).

María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario 189/2018, seguido por instancia de Isaura Brocos Barrán, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xuízo ordinario 189/2018

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo ordinario tramitados co número 198/2018, en que interviñeron como demandante Isaura Brocos Barrán, representada polo procurador dos tribunais Sr. De la Torre e asistida polo letrado Sr. De la Torre, e como demandadas Dolores Brocos Barrán, Jesusa Brocos Barrán e María Brocos Barrán, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por Isaura Brocos Barrán e, en consecuencia, declárase o dominio da demandante, ao tela adquirido por prescrición adquisitiva extraordinaria, sobre o predio 30 do plano de concentración parcelaria de San Verísimo de Sergude, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago a favor de Dolores Brocos Barrán, no tomo 660, libro 50, folio 29, predio 7039; sobre o predio número 32 do plano de concentración parcelaria de San Verísimo de Sergude, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago a favor de Jesusa Brocos Barrán, no tomo 660, libro 50, folio 31, predio 7041, e sobre o predio 31 do plano de concentración parcelaria de San Verísimo de Sergude, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago a favor de María Brocos Barrán, no tomo 660, libro 50, folio 30, predio 7040, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa ulterior resolución pola Audiencia Provincial, logo do depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en forma ás demandadas Dolores Brocos Barrán, Jesusa Brocos Barrán e María Brocos Barrán, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza