Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48934

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (376/2018).

María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Lugo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 376/2018 seguido por instancia de Cafés Candelas, S.L., fronte a Cristiano Giannotti ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Deaño Rodríguez.

Lugar: Lugo.

Data: vinte e oito de xuño de dous mil dezanove.

Demandante: Cafés Candelas, S.L.

Avogada: Eva López Peña.

Procurador: José Carlos Lagüela Andrade.

Demandado: Cristiano Giannotti.

Avogado/a:

Procurador/a:

Fallo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Carlos Lagüela Andrade, en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L., contra Cristiano Giannotti, declarado a resolución do contrato que tivo lugar entre as partes o día 18 de xaneiro de 2017, e condeno a este a aboar á demandante a cantidade de dez mil seiscentos trinta e tres euros con sesenta e catro céntimos (10.633, 64 €) máis os xuros descritos no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Lugo e do seu partido.

E encontrándose o dito demandado Cristiano Giannotti, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 30 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza