Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 289/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 289/2017 por instancia de María Beatriz Prieto Martínez contra Ángel Ferrón Barge e José Luis Ferrón García, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 23 de outubro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Beatriz Prieto Martínez contra Ángel Ferrón Barge e José Luis Ferrón García, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a José Luis Ferrón García a aboarlle a María Beatriz Prieto Martínez a cantidade de quince mil trescentos oito euros con noventa e tres céntimos de euro (15.308,93 euros), dos cales responderá solidariamente Ángel Ferrón Barge por importe de dez mil setecentos cincuenta euros con dezasete céntimos de euro (10.750,17 euros) máis os xuros legais do 10 % por demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza, ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma a Ángel Ferrón Barge e José Luis Ferrón García, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza