Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 471/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 471/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Creaciones Vavisando, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na cidade da Coruña, 4 de outubro de 2019.

Sentenza

Antecedentes de feito

Primeiro. A parte demandante, Eugenia María León García, presentou con data do 16 de maio de 17 demanda, que correspondeu por quenda ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, solicitaba a condena da empresa ao aboamento das cantidades indicadas no suplico.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 2 de outubro de 2019, no cal comparece unicamente a parte demandante. Tal e como consta na correspondente gravación audiovisual do xuízo, una vez aberto o acto, a parte demandante afirmouse e ratificouse na súa demanda, tras o cal se acordou recibir o preito a proba, solicitando interrogatorio e documental; efectuada esta, pasouse a continuación ao trámite de conclusións, co que se deu por rematado o acto e quedaron os autos vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Eugenia María León García contra la empresa Creaciones Vavisando, S.L., condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de mil trinta e catro euros e un céntimo (1.034,01 €).

Así mesmo, débese absolver o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e fágase constar que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación (191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Creaciones Vavisando, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza