Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PNO 1187/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número PNO 1187/2015 por instancia de Manuel López Valiño contra Segur Euskal Services, S.L. e o Fogasa sobre PNO, nos cales se ditou auto o 3 de outubro de 2019 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Declárase a nulidade de actuacións do decreto de admisión a trámite da demanda que deu lugar aos autos seguidos neste xulgado co número 1187/15, así como as actuacións posteriores, e acórdase repoñer estas ao momento anterior ao ditado da devandita resolución, e seguir o presente procedemento fronte á empresa Segur Euskal Service, S.L.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún de conformidade co artigo 241.2 da LOPX.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Segur Euskal Services, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza