Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 858/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 858/2018 deste xulgado do social, seguido a instancia de Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 contra Santiso Ferreira, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva di como segue:

Que, estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Fremap, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Santiso Ferreira, S.L.U., debo condenar e condeno de modo principal e directo a entidade Santiso Ferreira, S.L.U. a que reintegre á Mutua a cantidade de 356,13 euros en concepto de prestacións de asistencia sanitaria, derivadas do accidente de traballo sufrido por Yhony Xavier Gómez Torres, o 9 de setembro de 2017, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiso Ferreira, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza