Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (187/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 187/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Rodríguez García contra Sepras, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza.

Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante María Victoria Rodríguez García fronte a Sepras, S.L., Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e conforme o solicitado na demanda executiva pola letrada da Administración de xustiza sinalarase data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdicción socla (LXS), sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019.

Despois de presentarse a traballadora María Victoria Rodríguez García e exixir o cumprimento polo empresario Sepras, S.L., da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución con data do 13.9.2019, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 11.11.2019, ás 11.45 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben de asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

De non asistir a traballadora ou persoa que lle represente teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Galigarbo, S.L.U., por medio de edictos, habida conta que atopa en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sepras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza