Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46965

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (XVB 135/2017).

Xuízo verbal 135/2017

Sobre reclamación de cantidade ata 480,81 euros

Demandante: Medius Collection, S.L.

Demandado: Marco Sama Touriño Gomes

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 63/2019

En Redondela o 8 de maio de 2019.

Vistos por Miguel Seijo Espiño, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela, os presentes autos número 135/2017 sobre acción de cumprimento contractual en reclamación de cantidade, autos seguidos polos trámites do xuízo verbal entre as seguintes partes:

Demandante: Medius Collection, S.L.

Demandado: Marco Sama Tourinho Gomes.

Resolución

En atención ao exposto nos anteriores fundamentos de dereito, procede estimar parcialmente a demanda interposta por Medius Collection, S.L. contra Marco Sama Tourinho Gomes, cos seguintes pronunciamentos:

– Condenar a Marco Sama Tourinho Gomes a aboar a Medius Collection, S.L. a cantidade de douscentos corenta e catro (244) euros.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes, polo que deberán aboar cada unha as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta, conforme o disposto no artigo 455.1 da LAC, é firme e que contra ela non cabe recurso ningún.

Así se acorda e asina».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marco Sama Touriño Gomes, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, 8 de outubro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza