Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46963

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo

EDICTO (XVB 336/2016).

Xuízo verbal 336/2016

Procedemento de orixe: xuízo verbal 613/2016

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Cristina Faraldo Cabana

Demandado: Aurelio Blanco Castiñeiras

Víctor López Sánchez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo, polo presente anuncio:

No presente procedemento XVB 336/2016 seguido por instancia de Cristina Faraldo Cabana fronte a Aurelio Blanco Castiñeiras ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Carballo, 31 de xullo de 2019.

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo verbal seguidos co número 336/2016, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Cristina Faraldo Cabana, quen se representou e defendeu a si mesma dada a contía do procedemento, contra Aurelio Blanco Martínez, en situación procesual de rebeldía, ditouse a seguinte sentenza en nome do rei.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Cristina Faraldo Cabana, quen se representou e defendeu a si mesma dada a contía do procedemento, contra Aurelio Blanco Martínez, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a Aurelio Blanco Martínez a aboar á demandante a cantidade de 1.452 euros, máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que esta é firme, xa que contra ela non cabe interpoñer recurso de apelación por razón da súa contía.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Iván Barallobre Sánchez, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial.

E encontrándose o devandito demandado, Aurelio Blanco Castiñeiras, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Carballo, 3 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza