Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46961

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1678/2019-BC).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1678/2019-BC.

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 658/2017. Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Ambuibérica, S.L.

Avogado: Ricardo Pérez Seoane.

Recorridos: Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Juan José Iglesias Fontáns.

Avogados: letrado/a de Fogasa, Ángeles Cancela Regueiro.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1678/2019 desta sección, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra a empresa Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Juan José Iglesias Fontáns, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Ambuibérica, S.L. contra a Sentenza do 3 de decembro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago de Compostela, en proceso sobre salarios, promovido por Juan José Iglesias Fontáns contra a empresa recorrente e outra, debemos revogar e revogamos en parte a sentenza impugnada e absolvemos a empresa Ambuibérica, S.L. das pretensións deducidas na súa contra e mantemos a condena da codemandada nos seus propios termos.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza