Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46959

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de outubro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura dunha praza da categoría de facultativo especialista de área de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía para os servizos sanitarios de atención especializada.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Resolución do 11 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica o Pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 240, do 18 de decembro), e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, por concurso de méritos, con nomeamento de estatutario interino, unha praza da categoría de facultativo especialista de área de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía para o seu desempeño no Hospital de Verín.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, 3º andar, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ourense, 14 de outubro de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras