Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45566

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (345/2018).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que como consecuencia do paradoiro ignorado da parte demandada, Michael Julio Arismendy Rosario Martínez:

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 974/2019 garda, custodia e alimentos.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 12 de setembro de 2019.

Vistos os presentes autos nº 345/2018 sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos pola procuradora Sra. Lorenzo en nome e representación de Mercedes Heredia Correa, dirixida por letrado fronte a Michael Julio Arismendy Rosario Martínez, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia de fillo menor, así como a pensión de alimentos de A.E.R.H.:

1. Atribúese a garda e custodia do menor á nai Mercedes.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai, sen que sexa necesaria a sinatura do pai para a adopción de decisións que afecten a patria potestade (DNI, solicitude de dobre nacionalidade, petición de pasaporte, cambio de centro escolar, cambio de padrón...).

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor da súa filla establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data 1 de xaneiro.

Dentro do concepto de pensión de alimentos, e derivado da ínfima cantidade establecida, establécese a obriga de asumir o 50 % dos gastos escolares xerados ao inicio do curso escolar no mes de setembro (libros e material escolar).

Así mesmo imponse a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social), nos cales non é necesario o consentimento previo das partes, e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio…), que requirirán o consentimento previo de ambos os dous proxenitores para seren cubertos. Entenderase prestada a súa conformidade se requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice, o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e achegar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o artigo 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigo 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Julio Arismendy Rosario Martínez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 18 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza