Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45564

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3135/2019).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3135/2019

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 388/2018 Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrentes: Servicios Gallegos de Minusválidos, S.L.

Avogado: Rolando Martínez Rodríguez

Recorridos: Fogasa, María del Carmen Allegue Pena, Diseraux, S.L., Integra Mantenimiento y Gestión de Servicios Integrados, Centro Especial de Empleo, S.L.

Avogado/a: letrado de Fogasa, Xosé Daniel Besteiro López

Eu, María Socorro Bazarra Varela letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3135/2019 seguido por instancia de Servicios Gallegos de Minusválidos, S.L., contra Fogasa, María del Carmen Allegue Pena, Diseraux, S.L., Integra Mantenimiento y Gestión de Servicios Integrados, Centro Especial de Empleo, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Servicios Gallegos de Minusválidos, S.L., contra a sentenza do 11.2.2019, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en proceso por despedimento promovido por María Carmen Allegue Pena contra a recorrente, Integra Mantenimiento y Gestión de Servicios Integrados Centro Especial de Empleo, S.L., e Fogasa, e confirmamos a sentenza de instancia.

Dese aos depósitos e consignacións o destino legal e impóñense as custas do recurso á entidade recorrente, que comprende o aboamento de honorarios de letrado que impugna o recurso e que se estima en 601 €.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseraux, S.L., con último domicilio coñecido en San Martiño do Porto, Cabanas (A Coruña), actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza