Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45568

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1018/2018-R).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que como consecuencia do paradoiro ignorado da parte demandada, Rafael José Pineda Medina:

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio nº 793/2019.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 26 de xuño de 2019.

Vistos os presentes autos nº 1018/2018, sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Tejada en nome e representación de Yesmeiri Maríñez García como demandante fronte a Rafael José Pineda Medina, declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Yesmeiri Maríñez García e Rafael José Pineda Medina, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:

1. Atribúese a garda e custodia dos menores á nai, e será compartida a patria potestade.

2. Establécese como réxime de visitas:

• Fins de semana alternos e vacacións escolares por metade. En ambos os dous casos sen pasar a noite, tendo en conta a escasa distancia existente entre os domicilios actuais dos proxenitores.

• Para os efectos sinalados, establécense os seguintes períodos de vacacións:

– Entroido: consideraranse vacacións de Entroido as comprendidas entre as 20.00 horas do último día de clase ata as 20.00 horas do último día das devanditas vacacións.

– Vacacións de Semana Santa: consideraranse vacacións de Semana Santa as comprendidas desde as 20.00 horas do último día de clases ata as 20.00 horas do último día desas vacacións. As vacacións de Entroido e de Semana Santa repartiranse de forma alterna entre ambos os dous proxenitores e, en caso de desacordo, elixirá o período de desfrute nos anos pares a nai e nos anos impares o pai.

– Vacacións de Nadal: establécense dous períodos:

1. Desde o día do inicio das vacacións escolares ás 20.00 horas ata as 20.00 horas do día 30 de decembro.

2. Desde as 20.00 horas do 30 de decembro ata as 20.00 horas do día anterior ao inicio das clases.

Este período de vacacións repartirase por metade entre ambos os dous cónxuxes. En caso de desacordo, elixirá o período de desfrute os anos pares a nai e os anos impares o pai.

– Vacacións de verán: o período de desfrute das vacacións de verán será de 15 días alternos para cada un dos proxenitores. En caso de discrepancia entre ambos os dous proxenitores, elixirá o período de desfrute a nai nos anos pares e nos anos impares elixirá o pai. Neste sentido as vacacións de verán entenderanse divididas nos seguintes períodos:

1. Desde o día de finalización do curso escolar ás 20.00 horas ata o 30 de xuño ás 20.00 horas.

2. Desde o día 30 de xuño ás 20.00 horas ata o 15 de xullo ás 20.00 horas.

3. Desde o 15 de xullo ás 20.00 horas ata o 31 de xullo ás 20.00 horas.

4. Desde o 31 de xullo ás 20.00 horas ata o 15 de agosto ás 20.00 horas.

5. Desde o 15 de agosto ás 20.00 horas ata o día 31 de agosto ás 20.00 horas.

6. Desde o 31 de agosto ás 20.00 horas ata o día anterior do curso escolar ás 20.00 horas.

As chamadas pontes de vacacións repartiranse por metades entre ambos os dous proxenitores. Durante o período de desfrute de vacacións quedarán suspendidas as estancias e visitas establecidas.

A elección dos períodos de vacacións terase que comunicar ao outro proxenitor con polo menos 15 días de antelación á data do comezo, de forma fidedigna. As entregas e recollidas dos menores en todo caso serán no domicilio familiar.

3. En concepto de alimentos a favor dos fillos menores establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 300 euros (150 euros por cada un dos seus fillos), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data 1 de xaneiro. Dentro do concepto de pensión de alimentos establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro.

Así mesmo, imponse a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social), nos que non é necesario o consentimento previo das partes, e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio…), que requirirán o consentimento previo de ambos os dous proxenitores para seren cubertos. Entenderase prestada a súa conformidade se requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice, o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e achegar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o artigo 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigo 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Deberán constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez asine esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

Auto do tribunal que resolve a solicitude de aclaración dunha resolución xudicial.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 2 de setembro de 2019.

Antecedentes de feito:

I. Que, tramitándose ante este xulgado procedemento de divorcio nº 1018/2018, se ditou Sentenza do 26.6.2019.

II. Solicita aclaración a demandante ao entender que non se resolven todos os puntos interesados na demanda.

Parte dispositiva:

Acordo complementar a Sentenza do 26.6.2019 e na parte dispositiva engadir:

• Atribúese o uso e desfrute do domicilio familiar, en réxime de alugamento, a Yasmeiry, quen se subrogou nel, despois de retirar Rafael José todo o seu enxoval persoal.

• Atribúese o uso do vehículo común Peugeot 307 á demandante, que debe asumir o custo dos gastos ordinarios e extraordinarios, así como as taxas, impostos e cantos outros se perciban como consecuencia do uso.

Fágase referencia do presente auto nel, uníndoo ao libro de sentenzas e deixando nos autos certificación literal del, segundo o establecido no artigo 213 da LAC e nos artigos 265 e 266 da Lei orgánica do poder xudicial.

Mándao e asínao S.Sª. Dou fe.

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Rafael José Pineda Medina, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza