Xuízo verbal 465/2016
Sobre outros verbal
Demandante: comunidade de propietarios da avenida de Redondela, 76, de Chapela
Procurador: Manuel Castells López
Demandados: Óscar Manuel González Bernárdez, María Rodríguez Martínez
Cédula de notificación:
No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
«Sentenza 9/2019.
En Redondela o 29 de xaneiro de 2019.
Vistos por Miguel Seijo Espiño, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela, os presentes autos número 465/2016, sobre reclamación de contribución a gastos comunitarios, autos seguidos polos trámites do xuízo verbal entre as seguintes partes:
Demandante: comunidade de propietarios do inmoble situado na avenida Redondela, nº 76, Chapela. Procurador: Sr. Castells López. Avogada: Sra. Raviña Castiñeiras.
Demandados: Óscar Manuel González Bernárdez, María Rodríguez Martínez, en situación de rebeldía procesual.
Procede ditar esta sentenza sobre a base dos seguintes...
Resolución:
En atención ao exposto nos anteriores fundamentos, procede estimar a demanda interposta polo procurador Sr. Castells López, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio situado en avenida de Redondela, nº 76, Chapela-Redondela, cos seguintes pronunciamentos:
Condenar a Óscar Manuel González Bernárdez e a María Rodríguez Martínez a aboar á comunidade de propietarios do edificio situado na avenida de Redondela, nº 76, Chapela-Redondela, de forma conxunta e solidaria, a cantidade de cinco mil novecentos trinta e un euros con noventa e tres céntimos (5.931,93).
Condenar a Óscar Manuel González Bernárdez e a María Rodríguez Martínez ao pagamento das custas causadas nesta instancia.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.
Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e que contra ela cabe recurso de apelación, o cal deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, nos termos establecidos pola LAC, con cumprimento, se é o caso, dos requisitos relativos á taxa aplicable que procedera aboar de conformidade coa normativa vixente.
Así mesmo, de conformidade coas previsións da disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial, introducida pola Lei orgánica 1/2009, a interposición dun eventual recurso de apelación exixirá, como presuposto previo a esta, que o recorrente consigne xudicialmente un depósito de 50 euros.
Así se acorda e asina».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Óscar Manuel González Bernárdez y María Rodríguez Martínez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.
Redondela, 30 de xaneiro de 2019
O/a letrado/a da Administración de xustiza