Eu, Eva Bernárdez Pereiras, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo verbal 384/2017 se ditou, con data do 27.6.2019, auto de aclaración da Sentenza nº 155/2018, ditada no presente procedemento, contra o cal non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.
E, en virtude do acordado nos autos de referencia, por medio deste edicto notifícaselle a José Cardama Rey o auto de aclaración ditado.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019
A letrada da Administración de xustiza