Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44643

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 8 de agosto de 2019 (DOG núm. 159, do 23 de agosto), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 8 de agosto de 2019 e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 8 de agosto de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá á entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, tal como sinala o artigo 15 da Orde do 8 de agosto de 2019, de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 9 da Orde do 8 de agosto de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva esixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo xefaturaterritorial.ctb.lugo@xunta.gal ou do teléfono 982 29 44 42.

Lugo, 1 de outubro de 2019

Mª Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403E-LU-2019/1

Concello de Trabada

P2706100A

1. Acreditar que a posta en marcha do Punto de Atención á Infancia de titularidade municipal, no curso 2019/20, depende unicamente da dotación do equipamento solicitado.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/5

Concello de Barreiros

P2700500H

1. Memoria xustificativa actualizada, asinada polo persoal competente da Corporación Local. De acordo co artigo 4 da orde que regula a convocatoria, só serán subvencionables aquelas operacións que, tendo comezado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, non estean totalmente finalizadas no momento da presentación da solicitude de axuda. Neste sentido, a data da memoria presentada por parte dese concello, relativa ao proxecto de instalación eléctrica na escola infantil, é do 15.6.2017.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/7

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. NIF da entidade solicitante.

2. Permiso de inicio de actividades do centro para o cal se solicita a subvención.

3. Orzamento detallado de todos os conceptos do equipamento e TIC para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

4. Acreditar que o equipamento e o material didáctico e de xogo supoñen un valor engadido para a prestación do servizo e a atención dos nenos e nenas, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

5. Acreditar que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/8

Concello de Becerreá

P2700600F

1. Acreditar que as obras propostas na memoria non constitúen actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/9

Concello de O Vicedo

P2706400E

1. Orzamento detallado de todos os conceptos do equipamento para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

2. Acreditar que o mobiliario para aula proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

3. Acreditar que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/11

Concello de Lourenzá

P2702700B

1. Especificar detalladamente as actuacións concretas que se van realizar en cada unha das obras propostas e en que consiste a mellora que implica as actuacións propostas na memoria presentada.

2. Aclarar a situación dos elementos que se recollen no orzamento como biombos separadores.

3. Acreditar que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/12

Concello de Palas de Rei

P2704000E

1. Acreditar que as obras propostas na memoria non constitúen actuacións de mantemento xeral de infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/13

Concello de Cospeito

P2701500G

1. De acordo co artigo 4 da orde que regula a convocatoria, só serán subvencionables aquelas operacións que, tendo comezado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, non estean totalmente finalizadas no momento da presentación da solicitude de axuda. Neste sentido, cómpre aclarar que as obras indicadas na memoria non coinciden coas subvencionadas na convocatoria anterior, especificando en que consiste a mellora que se pretende.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/15

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

1. Orzamento detallado das obras que desagregue as actuacións e indique o número de unidades e prezo.

2. Aclarar a situación do equipamento que se recolle no orzamento proposto.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/17

Concello do Corgo

P2701400J

1. Orzamento detallado de todos os conceptos do equipamento para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

2. Orzamento detallado das obras que desagregue as actuacións e indique o número de unidades e prezo.

3. Acreditar que o equipamento e o material didáctico e de xogo supoñen un valor engadido para a prestación do servizo e a atención dos nenos e nenas, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

4. Acreditar que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/18

Concello de Muras

P2703300J

1. Orzamento detallado de todos os conceptos do equipamento para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

2. Acreditar que o material didáctico e de xogo supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

3. Acreditar que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2019/19

Concello do Saviñao

P2705800G

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate. Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas a memoria recollerá, expresamente, como se atende este aspecto.

Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.