Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44638

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 8 de agosto de 2019 (DOG núm. 159, do 23 de agosto), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 8 de agosto de 2019 e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 8 de agosto de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, tal como sinala o artigo 15 da Orde do 8 de agosto de 2019, de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 9 da Orde do 8 de agosto de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo asesoriaxuridica.menores.ourense@xunta.gal ou do teléfono 988 38 61 21.

Ourense, 1 de outubro de 2019

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

OU– 2019/1

Concello de Vilariño de Conso

P3209300G

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, por parte do concello presentouse unha memoria xustificativa asinada pola responsable do PAI, pero esta memoria deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle na memoria presentada.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos para o exterior, contos...) para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Obras: cómpre remitir unha memoria valorada na cal se especifiquen detalladamente as actuacións concretas que se van realizar en cada unha das propostas de obras mencionadas na memoria explicativa, con expresión de todas as partidas correspondentes e do prezo por cada unha delas.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU– 2019/2

Concello de Ramirás

P3206900G

1. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Equipamento: cómpre aclarar o destino da partida que se recolle no orzamento consistente na adquisición dun moble armario 1 PTA. 180+15x48x30 cm.

A documentación relacionada no punto anterior deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU– 2019/3

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle con claridade na memoria presentada respecto de todas as actuacións propostas.

2. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Equipamento: cómpre aclarar o destino da partida que se recolle no orzamento consistente na adquisición dun moble intermedio, con 6 casas e portas baixas para 4 ocos. Igualmente cómpre aclarar se a partida do ximnasio de madeira corresponde a unha estrutura fixa ou semifixa que se encadre dentro do concepto de mobiliario dirixido aos nenos e nenas, ou se por contra se encadra dentro do concepto de material didáctico e de xogo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2019/5

Concello de Barbadás

P3200900C

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da Corporación Local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia: na memoria xustificativa remitida recóllese que o Concello de Barbadás asumirá o 10 % sobre o orzamento total do investimento. Porén, tanto na solicitude presentada como no decreto da Alcaldía figura como cantidade solicitada o 100 % do investimento. Cómpre aclarar esta cuestión e, de ser o caso, remitir certificación da contía establecida nos orzamentos para estes efectos.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle con claridade na memoria presentada respecto de todas as actuacións propostas.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2019/7

Concello da Peroxa

P3206000F

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

A documentación relacionada deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2019/9

Concello de Riós

P32072000A

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade,

eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle con claridade na memoria presentada respecto de todas as actuacións propostas.

– Na memoria non se recollen as actuacións relativas á compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula que se recollen na solicitude presentada. Cómpre que se explique detalladamente na memoria esta actuación programada.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos para o exterior, contos...) para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2019/11

Concello de Celanova

P3202500I