Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44648

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 8 de agosto de 2019 (DOG núm. 159, do 23 de agosto), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 8 de agosto de 2019 e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 8 de agosto de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 15 da Orde do 8 de agosto de 2019, de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 9 da Orde do 8 de agosto de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo alberto.vazquez.sanmartin@xunta.gal ou dos teléfonos 981 18 57 04/981 18 57 55.

A Coruña, 1 de outubro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

CO-2019/1

Concello de Vimianzo

P1509300H

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar suficientemente acreditado que as actuacións propostas no caso do mobiliario solicitado, supoñen unha mellora substancial das prestacións, as necesidades concretas ás que responde e que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos do mobiliario para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes extremos:

– Obras, cómpre especificar detalladamente que actuacións concretas son exixidas pola normativa vixente e, se é o caso, separar claramente os orzamentos dunhas e doutras actuacións.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/2

Concello de Tordoia

P1508500D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado suficientemente que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes extremos:

– Xustificación da inclusión dentro de obras menores dos conceptos para os cales se solicita a axuda.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/4

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar suficientemente acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Xustificación e orzamento detallado de todos os conceptos no caso das obras para as cales se solicita a axuda, separando claramente os orzamentos do peche da zona exterior e das obras no chan.

3. Non se marcou no anexo I se se ten implantado/se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/5

Concello de Corcubión

P1502800D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Na memoria presentada incluénse actuacións exixidas por acta de inspección de servizos sociais do 15.5.2018. Debe presentarse unha nova memoria en que non se recollan as ditas actuacións diminuíndo na parte que corresponda a solicitude de gastos (anexo I).

– Por outra banda, a memoria xustificativa presentada está asinada por un arquitecto pero esta deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

2. Novo orzamento detallado de todos os conceptos, excluídos os exixidos pola acta de inspección de servizos sociais do 15.5.2018, para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2019/6

Concello de Ribeira

P1507400H

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que todas as actuacións propostas, especialmente no caso das obras menores, supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Non se marcou no anexo I se se ten implantado/se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/7

Concello de Cariño

P1509500C

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

- Debe quedar suficientemente acreditado que as actuacións propostas no caso das obras menores supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/8

Concello de Negreira

P1505700C

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da Corporación Local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, ao propoñerse unha achega orzamentaria propia na memoria.

2. Nova memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– A memoria presentada non coincide nos conceptos de investimentos co solicitado no anexo I.

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto.

– Por outro lado, debe quedar acreditado e xustificado suficientemente que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

3. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo e que sexa coincidente co solicitado no anexo I e na memoria.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/9

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da Corporación Local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, ao propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Aclaración dos seguintes extremos:

– Obras: cómpre especificar detalladamente na memoria as actuacións concretas que se van realizar no caso do reacondicionamento de espazos na aula 0-2 e a súa xustificación.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/10

Concello de Brión

P1501300F

1. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/12

Concello de Vedra

P1509000D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto.

– Por outro lado, debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/13

Concello de Boimorto

P1501000B

1. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Nas páxinas 13 e 14 da memoria valorada presentada faise referencia a obras que non son coincidentes coas solicitadas no anexo I.

– Non se marcou no anexo I se se ten implantado/se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/14

Concello de Abegondo

P1500100A

1. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda no caso de equipamento e novas tecnoloxías, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/16

Concello de Boqueixón

P1501200H

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/17

Concello de Cerceda

P1500800F

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración, especificamente no que respecta a obras menores.

2. Non se marcou no anexo I se se ten implantado/se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/20

Concello de Betanzos

P1500900D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibi-

lidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Non se marcou no anexo I se se ten implantado/se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/23

Concello de Ordes

P1506000G

1. Aclaración dos seguintes extremos:

– Cómpre aclarar as necesidades obxectivas que motivan a solicitude de axuda para a compra de mobiliario.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/24

Concello de Val do Dubra

P1508900F

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa sen asinar; deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que as actuacións propostas no caso do equipamento supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos, contos...) para os cales se solicita a axuda do equipamento, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2019/25

Concello de Padrón

P1506600D

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da Corporación Local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda ao propoñerse unha achega orzamentaria propia, como se deduce do anexo I presentado.

2. Nova memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria parcial e insuficiente sen que conste o cargo da persoa que a asina; deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que cada unha das actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– Debe quedar claramente reflectido e xustificado na memoria dentro de que categoría se encadra cada gasto proposto : obras menores, equipamento (separando o material didáctico e de xogo do mobiliario) ou novas tecnoloxías.

– Deben ser coincidente a solicitude do anexo I coa nova memoria e cos orzamentos detallados.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2019/26

Concello de Mañón

P1504500H

1. Anexo I, solicitude, debidamente cuberta. Non figuran cantidades na columna orzamento previsto e orzamento solicitado, figura como total de gastos 0.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa parcial relativa as obras menores, sen referencia aos gastos en equipamento e novas tecnoloxías.

– Por outro lado, debe quedar totalmente acreditado e xustificado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

3. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo, e separado por cada unha das actuacións solicitadas.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/27

Concello de Arteixo

P1500500B

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar suficientemente acreditado e xustificado que cada unha das actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioro, asi como as necesidades a que obedece, especialmente no caso do mobiliario.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/28

Concello de Santa Comba

P1507800I

1. Orzamento detallado de todos os conceptos das obras menores para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo (non se achega a memoria valorada das obras menores).

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/29

Concello da Baña

P1500700H

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que todas as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración. No caso do gasto en novas tecnoloxías non se fai referencia a el na memoria.

2. Orzamento detallado e separado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda con respecto a obras menores: estrutura metálica, varanda perimetral e instalación de auga quente sanitaria solar.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa.

CO-2019-31

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2019/32

Concello de Lousame

P1504300C

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Na memoria presentada nos se fai referencia á xustificación concreta das obras menores.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.